13.3.08

cinco días por semana

tirado da axenda pró xoves:

  • 8.10 - erguerme, almorzar
  • 8.40 - saír da casa pra coller o metro a deusto
  • 9.00 - clase de inglés
  • 10.45 - coller o metro, volver á casa a agardar ao repartidor que trae un paquete
  • 11.00 - ir a voluntariear
  • 14.00 - xantar (comida xa feita de onte)
  • 14.30 - conectarme pra rematar un traballo a entregar o venres
  • 15.30 - saír da casa pra coller o bus, aproveitar pra ler material da clase
  • 16.30 - clase de poboación e políticas públicas
  • 18.00 - no descanso, ir a botar un ollo aos chicos do máster de rr.ii
  • 19.45 - coller o bus de volta á casa, aproveitando a viaxe pra discutir a hipótese do proxecto
  • 20.45 - ir correr
  • 21.30 - ducharme, cear algo
  • 22.00 - facer as tarefas do curso virtual
  • 00.30 - descanso pra vaguear pola rede
  • 02.00 - ir durmir, tardar en durmir alomenos unha hora (o meu cerebro xa non coñece o modo off)

os mellores momentos do día: facer o parvo no descanso da clase, desconectar correndo polo paseo da ría. mandarnos notas cando non mira o profesor se a clase é aburrida. debuxar ollos nas follas dos que sentan ao meu lado

o mellor da semana: non ter nin un chisco de tempo pra pensar que o domingo andarei camiño a madrí, que o luns estarei noutro continente, noutro mundo

5 comentários:

cangasserie disse...

"20.45 - ir correr"

:S

Mario disse...

A min xa me doe só de lelo. Se aínda por riba es quen de ir correr eu proporía mesmo unha estatua ou algún tipo de recoñecemento público.
Xunta moitas cousas para contar de Tinduf.

Ghanito disse...

dame que a rutina vai ser 'un chisco' diferente aló.

Boa viaxe e moita sorte!!

paideleo disse...

Como che vai cambiar a vida !. Nunca che dixeron que eres unha valente ?.
Sorte e a ver se non fechas o chiringuito blogueiro.

oko disse...

pois cumplín o horario estrictamente!!! (só que retardei a hora de ir correr porque estiven a abrir os paquetes coas cousas que hei levar a tinduf)
non se preocupen, que hei de voltar cunha manchea de historias, e han cansar de oir falar nesta casa do sáhara :D