que hoxe foi o último día do plan vacacional e cansei de choutar, e de levar os nenos ao lombo, e de responder as súas preguntas que nunca rematan. e fiquei triste. e despois coñecín a un home que en setembro viaxará á coruña. entráronme saudades e non, porque esta fin de semana promete. trocarei miche de pexego nun mercado tradicional. alí vou toparme coa venezuela bolivariana coa que soñaba antes de coller o avión
21.8.08
crónica x.
18.8.08
crónica ix. (a festa)
bailaron, e sorriron tanto que lles saían os dentes da boca. e eu non cansei de tomarlles fotos. todo o amor que suaban por todos os poros, cantísimo, as nais, os pais, os irmáns, cos chamos. era a festa dos nenos especiais e por iso cada un dos que estabamos alí eramos en certa maneira especiais, e ninguén o era. bailei baixo o sol e xantei baixo a chuva. despois chegaron os músicos viaxeiros a poñer a cor, coas súas chambras laranxas, cantando en quéchua e falando de lugares que nin soñamos coñecer. pasou o día e durmín tranquila, cansa e feliz
11.8.08
crónica viii.
mais non quería escrbir sobre fauna hox. quería falar de nenos, outra vez. nunca me gustaron, mais ando a aprender o valor do riso dun neno (aínda que pareza un tópico), a súa creatividade, e o que fan traballar a miña imaxinación cada tarde, entre manchas de pintura na roupa e xogos nos que hai que imitar animais. a tal hora, dicir que non me gustan é un pouco mentira
8.8.08
crónica vii. (as nenas)
en vilapán, hai un pequeno verme da cor do café que cada día me fai conducir unha camioneta imaxinaria ou converterme en paxaro e levala vando escaleiras arriba polos corredores do centro cultural. ten só cinco anos e cando non lembra o meu nome chámame guapa. é tan fraquiña que ata lle caen os pantalóns, por iso é tan fácil levantala no aire. os dentes, tan pequechos báilanlle branquísimos na boca cando sorrí. ás veces dime que parezo un varonsito, polo pelo curto e entón fágolle cóxegas pra que non mire que estou a rir
as nenas, aquí, teñen un algo especial. despois agóchano pra facerse maiores
as nenas, aquí, teñen un algo especial. despois agóchano pra facerse maiores
5.8.08
crónica vi.
pasei días a pensar fillosdeputa. tamén voei bambeando no aire coma un paxaro, deixando que o aire me dese na cara. o luns, estraño e diferente aos luns de antes, como todas as cousas aquí, cambiei de película e mirábao todo dende platea, coma se non fose comigo. escoitei llaneras, botei remedios nos ombreiros queimados polo sol e durmín acompañada dun milleiro de soños, deses que non deixan descansar, ata que cantou o galo coas primeiras luces do día
outra semana que comezaba a escorregar polos dedos ás présas
outra semana que comezaba a escorregar polos dedos ás présas
sementes:
okocentrismo,
vilapán
1.8.08
crónica v. (tristura)
a rede fai que non poida esquencer as cousas que agora pasan por alá. así recibo fotos de x., que ten uns ollos fermosísimos, entéronme da morte dun grande, e envexo, triste, o cartel do festival de poesía do condado
Subscrever:
Mensagens (Atom)