18.8.08

crónica ix. (a festa)

bailaron, e sorriron tanto que lles saían os dentes da boca. e eu non cansei de tomarlles fotos. todo o amor que suaban por todos os poros, cantísimo, as nais, os pais, os irmáns, cos chamos. era a festa dos nenos especiais e por iso cada un dos que estabamos alí eramos en certa maneira especiais, e ninguén o era. bailei baixo o sol e xantei baixo a chuva. despois chegaron os músicos viaxeiros a poñer a cor, coas súas chambras laranxas, cantando en quéchua e falando de lugares que nin soñamos coñecer. pasou o día e durmín tranquila, cansa e feliz

3 comentários:

paideleo disse...

Unha festa ben orixinal.
A ver cando se poden ver fotos desas.

feiranta disse...

alégrome que o pasaras ben, e que quitaras tantas fotos, e que todos o pasaran ben, e que durmiras cansa e feliz

oko disse...

bicos aos dous. irei subindo fotos!