21.4.09

en dez días...

é inevitable que un enterro obrigue a facer un alto pra reflexionar, incluso se a morte se considera unha realidade máis que afastada. que aínda soan as campás no silencio imposible do camposanto e a cara dos aló presentes, pálidos, cos ollos terriblemente inchados de chorar
as malas novas, aínda que non toquen de cerca, consiguen nubrar grandes alegrías (e é que gardo un segredo, á espera de que a miña cabeza comece a afacerse a el antes de poder contalo)

e despois rematar un libro do que non disfrutei nada, pero que me lembrou de xeito recurrente a unha persoa que coñecín hai uns meses. comezar a buscar cursos e ocupacións varias, darme ao sano pracer da lectura sen presións de ningún tipo, e deixar á cabeza vagar entre recreacións ficticias do que serán os próximos meses.

(e hai xa tempo que non son quen de escribir unha soa liña ao dereito, e non sei por que)

2 comentários:

morgan disse...

Lido por um atleta, o livro de Murakami é irrelevante, insensato talvez. e maiormente ilegível. o livro de um burguesito que se pasea polo mundo procurando tempo para correr e para contratar adestradores persoais. para que nom lhe deam patadas ao se meter na auga, para levar o lombo recto no sector ciclista do triatlom. a quem lhe importa?

Visto por umha persoa que fai da leitura parte da sua forma de pensar, o livro de Murakami ofrece argumentos para os que contam que é o escritor que enche a quota de "japonesidade" necessária no cánone mercantil e occidental da narrativa contemporánea. admite-se porque se parece o suficiente a nós. tampouco demasiado.
como as luras e o polbo do Franco (dos que seica falou no casino): plástico, mentiras, calote.

[nom soubem como]

oko disse...

pode que, amais de non gustarme el en por si, non me gustou tampouco que fose tan semellante a nós.
de certo ese libro nunca chegaría ás miñas mans se non fose que mo regalaron. agora que xa está lido podo dicir que nn volverei ler un libro dese home, case seguro

alégrome de que siga visitando este blogue de cando en cando

[non sei que non soubo como :(]