10.9.09

i.
son varias cousas. é, por exemplo, ler a nova no xornal sobre oliver stone, que fai que teña unhas ganas inmensas de mirar o documental. é tamén ver o tráiler, claro. e que nunca deixa de sair na tele, e todo o que se di del. os rabinches infantís, que tanto mal fan
é, tamén, que o amigo dunha amiga vai a venezuela, e me pide que lle escriba sobre aló e o que eu vivín. e claro, el é antichavista -xa antes de ir- e eu, que non comparto eses -nin semellantes- ideas, totalmente faltas de argumentos, e que uso o socorrido consello de non creas o que che din, compróbao ti mesmo
ás veces pregúntome se o que teño é sorte de ir a lugares que merecen realmente a pena, ou é que en todas partes podes atopar a esperanza de que todo vaia mellor

ii.
despois é quedar sozinhos na casa, atanís e máis eu. atanís, que me despiolla mentres se pasea polos meus ombros. construímos xuntos unha cidade para vivir estes catro días nos que somos só os dous. ben, en realidade é unha aldea, así pequeniña, e como ningún dos dous sabe debuxar, pois facémola de palabras, que non hai quen nos critique na casa baleira
perseguimos libros que non aparecen por toda a costa atlántica, e facemos conxeturas sobre cousas que poden pasar/non pasar a medio prazo. comemos verde, descansamos, falamos en voz alta. desfrutamos do sol que xoga coa chuva aun correquetepillo. repasamos fotos vellas e pensamos en regalalas. alguén quere algunha?

Sem comentários: