15.10.09

kirmen uribe

miro con rabia a portada dixital de cultura de el país. ao parecer kindle ou hollywood son máis importantes de kirmen uribe, que ven de gañar o premio nacional de literatura. pode que sexa porque o escribiu en euskera e aínda non hai tradución ao español. miren o titular da nova: será que para algúns este feito xa é motivo suficiente de desprecio

6 comentários:

Mr Tichborne disse...

Para eles é moitísimo máis importante o Premio Planeta, que acaban de dar hoxe. Mágoa.

oko disse...

pois si, tristemente

Luís Peixoto Leite disse...

Olá Larita. Eles só sabem o que lhes mandam as agÊncias e o que é mais populista para vender mais. Por falar nisso, ainda me deves aquela longa lista de escritores e poetas galegos, etc. Finalmente lembrei-me do nome do teu blog. Mas não tenho o teu email, espero que tenhas o meu e que me respondas. Escrevo em português para ver se não te esqueceste. :)

Beijo, Luís

oko disse...

vaia sorpresa, luis!!!
prometo correo, prometo
;)

Anónimo disse...

uribe abriu as páxinas de cultura de ese xornal que tanto a preocupa, pero na versión en papel. e abriunas porque uribe era de eh, e renunciouo, e pasouse con armas e bagaxes a un goberno ilexítimo dende calquera punto de vista que se mire. non por nada patxi lópez facía de corista do escritor en el país. logo está o mel e a cursilaría das obras de uribe: ese é outro tema.

oko disse...

querido anónimo, cando lin o seu comentario dubidei por un instante se puxera ou non certas especificacións arredor de uribe. pero estaba no certo de que si as puxera e foi vostede o que, intencionadamente ou non, as pasou por alto.
o primeiro, puntualizo que estou a falar da portada dixital do xornal. descoñezo se foi portada ou non na edición en papel. o segundo, faime moita gracia a expresión "ese xornal que tanto a preocupa". non sei se do que escribo se pode concluir iso. pode ser que faga moitos enlaces con el, dende o seu punto de vista. pode ser. pero o de me preocupar, non sei. polo de agora aínda non me quitou o sono (mais non descarto que o faga nun futuro ;)
en canto ás súas inclinacións políticas (as de kirmen uribe), descoñecíaas completamente. doulle as gracias pola información, mais creo que nin así o que pensaba da súa poesía vai cambiar. paréceme un moi bo poeta, do mellor que teño leído procedente de euskal herria (que tamén é certo que non é moito). claro que desto poderiamos discutir largo e tendido: se é cursi ou non, se é bo ou non...
admito que non lin ningunha das súas novelas, e seguramente o faga o día en que atope unha tradución (que as hai, mais nunca se me deu por ir buscalas).
e reitero, finalmente, que o meu "enfado" ou como se lle queira chamar, viña polo titular da nova. e creo que a intención dese titular está máis que clara, alén de que o autor estea a partir un piñón con este ou outro partido. vivimos un momento de crispación, señor anónimo, no que semella que todo o vasco fede. e pra min é inaceptable