8.1.10

ano novo



cada vez máis estou segura de que o ano non comeza o día 1 de xaneiro, con rapazas en sandalias e vestido pola rúa e ríos de alcol

o meu ano, desta, chegou co apalpador, e o apalpador chegou o sete de xaneiro a cidademonstro. chegou envolto en papel de estraza e papel de regalo. e cunha postal que enviaba beixos fríos dende a neve que cubre a cidademáisbonitadomundo


(e así foi que o apalpador cruzou o océano e que fixo deste nadal tan estraño un pouco máis agarimoso, un pouco máis galego, se se quere. un pouco máis especial. e tamén foi así como tiven un sorriso na boca durante tanto tempo e sentín saudades de alén mar)

2 comentários:

Fer disse...

:D

oko disse...

the same, but double