5.2.10

tres

chegan as visitas de alén-mar. as visitas traen algunha que outra historia, anécdotas dos de alá, agasallos con forma de xogo de nenos, e un paquete da casa. no paquete veñen un xersei e un libro. mamá, que pensa que estou a pasar frío –e de certo que vai moito-, e una novela que me arrastre a ratos polas rúas dalgunha cidade galega. e os nenos, que seguen a saber como xogar as súas cartas para facerme rir. chegan as visitas –que neste caso é visita en singular- e planificamos una viaxe ao sur, á procura do sol. pra que nos sequen as saudades coa calor do pacífico
estou sen cámara e sen computadora. e non importa. leo –leo moito- traballo tamén, e desfruto das cousas pequeñas desta cidade: quedar sen gas na casa, os domingos polo barrio, os cafés á noitiña e que descoñecidos te asalten de mesa en mesa para iniciar conversas que se antollan do máis agradable. os xantares de oficina, as fileiras da administración, a chuva nas fiestras. hai un mes marchaba a., onte chegou m., no vrao virá a pequena gudari. e namentras, van permanecendo outros. algúns marchan, outros chegan para quedarse. e de súpeto pasaron case tres meses, e eu sen me decatar

Sem comentários: