
as cartas contaban que a túa vida estaba paralizada e que ameazaban grandes cambios e ti, que nunca quixeches crer nestas cousas, durmías co anxo ao carón da cara. que máis dá quen diga aquilo que non queres oír, se as cartas ou calquera que agora che arrodea. tanto tene entón pensas que xa hai tempo que querías falar das visitas, ou da viaxe a chiapas, ou dos novos figurantes que anegan o teu teatro e aquí te ves, durmindo un pouco baixo o ceu gris de despois do xantar, antes de entrar nunha semana estraña que comeza en sábado, e que ten sabor doce e acedo a partes iguais. porque estás a piques de envelenarte dunha máis das grandes farsas que tentan enganarnos coa posibilidade dun mundo millor


2 comentários:
Ola, canto tempo que non visito o teu blogue (nin ningún outro!) bótoo de menos. Ando hoxe dando unha volta por estas paisaxes que frecuentei durante dous anos e ao chegar aquí sinto saudades.
Estiven de vacacións en Londres e entre tanta xente agora recordo á rapaza que marchou de volta a Sidney, co bebeciño, chorando por ter que traballar tan lonxe da familia.
Espero que esteas ben por eses mundos, tan lonxe
Biquiños
estou ben si, mais botando de menos tanto que, por veces, non lle acho sentido a estar aquí
decidindo que facer con esta casa, que xa vai vella, e á que lle fago pouco caso
bicos enormes dende este lado do mar, tan lonxe
Enviar um comentário