
pregúntolle ao meu profesor de inglés que dicir se me preguntan por que son paiaso, ou por que inclúo esta información no meu currículo. teño medo de que non o comprendan. el dime que só teño que falar con seguridade, e dicirlles que transformo cuestións nas que ninguén pensa en sorrisos. é un xeito bonito de velo
asia volve soar forte e eu que estou chea de medos e inseguridades. inseguridade de non ser o que andan buscando, ou simplemente que non precisen de alguén coma min. ás veces coa xente pasa o mesmo: non precisan nas súas vidas de alguén coma ti. e ás veces doe
falando coa pedra, sentín que estaba a perder moitas cousas. sentín que non valía a pena estar lonxe. que responder nunha entrevista de traballo se che preguntan por que escoller a vida internacional? como explicar que tamén é unha decisión que doe?