27.4.11

chiapas

chiapas é encontros e desilusións. é afrontar unha realidade que fica tan lonxe de nós que semella ciencia ficción. nenas preñadas. nenas descalzas. sorrisos desdentados. chiapas é tamén o grande símbolo da resistencia indíxena. esperanza e miseria. europeos que pretenden atopar un soño e despois abren bares. jipis que venden pulseiras
en chiapas reencontreime co pasado e co futuro. recarguei a enerxía como fan os minerais co sol. volvín entender que fago aquí e o sentido que ten todo isto. déronme ganas de devorar o mundo coas mans.os ollos non sempre son abondo
despois volvín á cidade monstro e sorrín moito. por que non? esta primavera veu chea de regalos, de visitas e de amor

2 comentários:

rui disse...

Eternamente en Chiapas?

Eu basta que diga que non me movo para que ao día seguinte chamen os bascos para mandarme de novo a viaxar. É case unha superstición, chega que diga non para que sexa si.

biquiños

oko disse...

a min pásame un pouco o mesmo. cando digo que marcho, quedo. e cando digo que fico, marcho
eternamente chiapas sería difícil. quero volver á casa
mais quen sabe...