De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
3 comentários:
a min antonte non me deixaba lerte...
como diría meu avó: "estas máquinas do carallo!"
en realidade é un programa randomizado que inserta erros para facer máis emocionante o blog.
foto chula, si
Pois si que é interesante eso de darlle emoción ao asunto, aínda que ás veces supoña unha desilusión cando si pode abrir a páxina!!!
Enviar um comentário