11.5.06

ano vai...

Onte fun ao alergólogo para que solucionase todos os problemas que o meu ollo ten coa señora primavera. Dado que non era House -como el mesmo explicou- apenas si me puido recomendar un colirio e un aparelliño digno de mención aquí: trátase do que eu dei en chamar -por non lembrar o nome real- "tren de lavado de ollos", e ven facendo o mesmo que os lavacoches pero cos ollos -cando o merque, xa poñerei unha foto-.
E si que é un agasallo lindo pra hox, que se cumpre un ano dende que naceu aquel sucedáneo de blog en msn, "dor na retina". Dende aquela, e iso que só foi un ano, pasaron moitas cousas. Acollinme neste humilde fogar, integreime daquela maneira no sistema blogueiro galego e aínda vou a dar a vara un cacho máis. Xa sabedes, hoxe estades todos convidados a tomar tarta na casa

8 comentários:

Desorde disse...

qué rica!!

Aultre Narai disse...

xD agora a soprar as velas, pero antes pide un desexo!!

Madeleine disse...

Os meus parabéns: doce meses, cincuenta e dúas semanas... Moito tempo alumeando na rede e mirando máis aló sempre. Que sexan outros máis, tamén sempre
Un bico

Anónimo disse...

Pues como se dice en estos casos: Feliz cumpleaños.

Y espero que cumpla muchos más, y que tod@s nosotr@s podamos ser testigos visuales de sus miradas.

Me pondré la nariz de payaso para celebrar este día memorable, jeje.

Mr Tichborne disse...

pois aniversario antihistamínico feliz! Asina outro alérxico

oko disse...

a ver se chago aos 24 meses!!!

Anónimo disse...

Very pretty design! Keep up the good work. Thanks.
»

Anónimo disse...

Very pretty design! Keep up the good work. Thanks.
»