xa sei o que pensa, Desorde, pero é que eu só quero sacar fotos... ademais, nalgún sitio teño que facer as prácticas, e non, non estou tentando autoxustificarme...
De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
8 comentários:
loitaremos encarnizadamente por un traballo digno!! aver que pasa... EU TAMPOUCO QUERO ESTUDAR MÁIS :(
Que levante la mano el que quiera estudiar.
grupo voz. acompáñoa no sentimento.
nun tempo o discurso mudará a "qué ben se vivía de estudiante!"
pero esa é outra historia
xa sei o que pensa, Desorde, pero é que eu só quero sacar fotos... ademais, nalgún sitio teño que facer as prácticas, e non, non estou tentando autoxustificarme...
Madeleine, Anónima, xa queda pouco!!!
A escasas horas d'O Exame, podo afirmas que non me dá a cabeciña para máis. Élles o que hai. LO-ODIO
idem! Pero xa o quitei de enriba!!!
Puxéchesnos cara?? Temos o pracer de coñecerte?? E nós sen darnos conta de que coñecemos a Oko, conta conta...
This is very interesting site... » »
Enviar um comentário