
O fume do tabaco chegou ao asento de atrás mesturado co vento frío da noite. De súpeto lembreime do
verán, do fume que chegaba dende a ventana.
A saída só consistiu nunha
entrevista pequena e moi institucional, burocrática, medida. Terriblemente aséptica, como soen ser estas cousas da política. E fun con
el, que é moi riquiño, pero calado. Calquera sabe que, polo xeral, a xente calada non me gusta. Pero descubrín, sempre acabo descubrindo, que os tímidos, cando collen confianza, deixan de selo. Por eso sempre dou tempo. O tempo que quixera que os demais me desen sempre a min.
Así que
fun, e voltei, e agora estou contenta porque ademais teño
compañeira no TX2, e ando á procura dun tema para o meu traballo de
guión, que quería facelo sobre algún
filme interesante, pero apenas atopo
bibliografía... E sigo
confundida e nerviosa. Pero que ninguén se preocupe. As cousas serán como teñan que ser