28.11.06

Estreei os meus zapatos novos coma unha nena pequena. Mentres, en Marín chegáballes a auga ao pescozo, porque o río volvía ao seu cauce natural. Agardei a que chegase o bus e marchei pra casa, un pouco triste, porque un dos meus (xa) vellos amores foi amable, nunha amabilidade condescendiente que desinchou o meu ego a ras de chan. E ando desaparecida por Marín, seino. Pero Dios sabe o difícil que é compaxinar a vida académico-laboral e a familiar. Apenas un cine e cinco mil recados. Non quedan ganas de nada. E aínda soñar cunha historia de novela negra. Ser xornalistiña afeizoada estase a facer máis difícil do que a priori poida parecer

4 comentários:

aultre narai disse...

ti daste conta do interesante que se está a volver a túa vida?? que non estou a dicir que non o fose antes, pero é que agora... ben, ti entendesme, non? jejej disfruta polos que non podemos!!! e ánimo que ti podes con todo!!!

Marinha de Allegue disse...

Moita enerxía para poder con todo linda.

Unha aperta.
:)

Anónimo disse...

A vida é dura ás veces. Bonita pero dura. A cousa está en buscarlle a parte máis bonita aínda que haxa que roer a outra parte.
Non se me entende, non si?
Raio de medicación.

oko disse...

aultre, dubido se se está a volver interesante ou, non sei
marinha, gracias, unha vez máis
pirámide, a parte bonita mírolla, pero dáme medo que dure pouco tempo