
Tres intentos de
algo que viña sendo o mesmo pero de xeito moi distinto. Escribir os nosos somes nas inmáculas paredes do
novo. Cantar ata desgañitarse o
Ai, Maruxiña, ou escenificar
María de la O. Sair do paréntese no que estiven metida durante dous anos para volver a entrar en lugares indesexables.
Acordar entrar a formar parte de iniciativas lusas como equipo junior. Fartarme dos
traballos cos que non aprendo nada. Deixar que se metan comigo por estar na
tele. Imitar a
presentadores famosos, ou a
famosos varios. Botar de menos
presencias. Disfrutar coa
compaña. Lembrarme de buscar a
peli que me
pediches. Aprender a modular a voz e traducir teletipos do inglés. Facer visitas médicas a
enfermitas oculares -non hai un ollo bo, repito-. Enfadarme, por veces, por algunha que outra intransixencia. Odiar as pintadas nas paredes de pedra dos edificios públicos. Cuestionar o valor dalgunhas
cousas. Non atreverme a falar co
chico da radio. Locutar unha nova sobre a Fontana di Trevi. Facerme punk por culpa dunhas
botas de charol.
Asinar cos nosos blogs e facer oficial o noso nome blogueiro. Pensar nun novo
proxecto en conxunto...
Os amigos, ás veces axudan a olvidar algunhas penas, anque só sexa un parche dunha noite...
7 comentários:
Pois si que andas ocupada...
Dios, eu douche gracias por estar aí (polo da túa última frase). E ti non es un parche
eu boteinos de menos tamén
quero ver ese nome nas paredes contigo pequena!
sempre aí
que faría eu se non estivesedes sempre aí?
Sei que "sobrevives" porque podo ler as tuas verbas.
1 bikiño enorme!
noites máxicas nas que todo é posible. por que cando o sol volvemos a deixar de crelo?
á quinta vai a vencida!!!
biquiños!
locuta o que queiras pero, por deus tira a moeda na fonte!
tirei a moeda, tirei...
porque roma non se libra doutra visita miña, aínda que a saber cando...
Enviar um comentário