7.12.06

antes o Nadal eran un montón de regalos que aparecían no sofá da sala cando espertaba polas mañás. algúns anos aparecían incluso na metade da noite. sei que me fixen maior porque xa non agardo nada con ilusión. Nadal é decorar os escaparates de iria e comer polvoróns e recordar as cousas tristes de todo o ano nunha soa noite. e oir a mamá gritar e despois deprimirme porque se non saio con vestido en findeano hai quen me mira mal. e para o ano non sei que será de min, nin onde pasarei estas datas. pero seguro que hai un lugar millor. o caso é atopalo.
enonsei, nonsei, nonsei...

3 comentários:

aultre narai disse...

tampouco ten porque ser tan malo, non?

verdello disse...

neste tempo no que está de moda odiar o nadal eu BERRO QUE ME GUSTA (nunca deixou de facelo, sinceramente)

unha aperta

oko disse...

non. simplemente que non me gusta á forza. só que adoro ass luces, pero iso vai na mesma liña, non?