15.12.06

.Dous días, tres historias.

  • Historia 1
Hai uns días preguntábame como se pode saber se alguén foi feliz cando xa está morto. A resposta víñame despois do enterro. Souben que era feliz polo moito que o quixeron, e polo moito que o coidaron, e polos acenos -sinceros- de dor nas caras das fillas e dos netos. E o único que podía pensar entón é que a morte é unha das dores meirandes prós vivos.

  • Historia 2
Pola noite os nenos decídense a rematar co do amigo invisible nunha cea familiar con dous polos -que estaban moi ricos- como feito máis destacable. Os regalos, moi lúcidos. Dende pacs pra sacar ao mozo do cárcere, ata fotos fotoshopeadas nas que aparece Dolores. Porróns Recuerdo de España e fotos, de todo un pouco. O meu amigo invisible estaba de viaxe, así que quedei sen agasallo. Para compensar, estes tres animaliños, un deles vagabundo recollido por unha alma caritativa, e donado á causa. O cd que acompaña é de C., un cedé así radical y tal.

  • Historia 3
Xa llo dixen a P., que se non conseguiamos integrarnos na cea navideña do traballo, non o iamos facer nunca. Eu creo que está máis que conseguido, sobre todo entre algúns sectores. E aínda que perdín a P. nalgún momento da noite, paseino moi moi ben, e coñecín a moita xente interesante. Como sempre, de quen menos o agardas saen sorpresas moi agradables. Y no digo más.

nota: a primeira foto é un pastel con limas que V. lle regalou a M., porque nunca se sabe...
a segunda foto son os tres bichos co cd radical. o de amarelo e camiseta vermella chámase pepe. o resto están sen bautizar. se teñen suxestións...

4 comentários:

rascallú ou a cobí disse...

O regalo das fotos foi marabilloso, ten vosté un gusto exquisito. Aver se volve "a muller á cámara pegada"...

X disse...

O moito que o queiran a un non indica que un sexa feliz, só que un é moi querido.

P. disse...

Claro que o conseguimos, deso non hai duda, pero....¿a que sectores te refires????jeje
P. perdeuse soa, lamentou non poder despedirse pero quedou en boa compañía.
A noite dou para moito, e é que os do TX son os mellores. A ver cando se repite!!!!

oko disse...

a muller pegada a unha cámara volverá, non se procupen...
p., agardo que se repita prontísimo... ata abril non agardo!!!