19.4.07

maxia

Hai maxia alén dos ilusionistas e dos prestidixitadores. Hai maxia en regalar piruletas a alguén nada máis pasaron vintesete anos e sete minutos do seu nacemento. Hai algo nos ollos dos magos que che prometen un globo se os buscas por Compostela. Hoxe tamén agardo unha noite máxica. E agárdoa porque a maxia vai aparecer onde e cando menos o agarde. Nas mans de quen menos pense

2 comentários:

TXARI disse...

sempre apareçe sem avisar e sem tempo a reacccionar, de nada serve prever, só podes notar "que pode aparecer"....

oko disse...

e ti cres que s epode notar? a min case sempre me sorprende...