6.4.07


A Semana Santa de Marín ten o encanto desas semanas santas que están feitas para os da casa, sen turistas que as enxuícen. Para min redúcese toda á procesión de Xoves Santo, porque, que sei eu, porque foi sempre a que máis me gustou.

A procesión do Xoves bifúrcase en dúas, por unha banda, van a horta dos olivos (se é que se pode traducir así) seguido do Nazareno, e pola outra banda vai a Virxe das Dores. O máis lindo do percorrido chega cando se unen ambas procesións na Farola. Entón, os tambores deixan de redobrar e póñense á nai e mailo fillo mirándose prá cara. Tras uns minutos en silencio, comeza a soar unha gaita moi despaciño moi suave. É o momento máis emotivo. Dá igual que crean ou que non, que lles gusten ou non as procesións, pénseno un intre: un home que vai morrer, que leva tempo sendo torturado, crúzase de camiño á morte coa súa nai. Míranse por un momento, e despois o fillo continúa o seu camiño seguido pola muller, destrozada pola dor. é unha imaxe triste, e máis triste e pensar que é algo que acontece a cada segundo en calquera recuncho do planeta.



-----------------------------------



Nota: agardo atopar en Dublín os ollos máis bonitos que vin nunca en Compostela (agás estes, of course)

6 comentários:

xornalistiña disse...

dublín?
que me perdín?

sweet loretta disse...

eu tampocou me entero!!!

O'Xirarei disse...

Dublín? MEC, I supose... e logo?

Caufield disse...

?
ollos así só os hai na GALIZA (xDDDD)
agora habería que engadir ooostiaa :)
pero espero que os topes mellores por aí adiante onde te vas logo
por certo, explícanos onde é que te vas, que non nos coscamos
apertas!!!!

paideleo disse...

Gustoume a explicacion sobre a procesion. Asi visto da repelus e todo.
Boa sorte por Dublin.

oko disse...

dublín, cursos de vrán. non perderon nada
caufield, mellores que os seus, imposible. e cóideseme moito, que xa a boto de menos!!! (ostia!)
paideleo, todo se pode mirar de diferentes formas. alégrome que lle gustase...