1.6.07

Os do Cerai din que me queren. Que me deixan is a Cuba con eles. Así que, se todo sae ben, o día seis de xullo haberá unha rapaza de Marín perdida por Barajas coa súa maleta. Celebrarei o meu cumpleanos na Habana.
Agora lembro o día en que fun recoller o pasaporte. Prometinme a min mesma que en canto rematase a carreira, comezaría a enchelo de selos. E este é un bo xeito de comezar.
E é que ao final, van ter razón ao dicir que estou en racha. Que teño que aproveitar estas oportunidades. Que este está sendo, sen dúbida, o mellor momento da miña vida, que non o cambiaría por nada no mundo. Preséntase interesante, o futuro. Incerto, pero interesante.
E despois da noite de onte, de rir cos meniños, de ver a pista do Ruta colonizada por 3º de Comunicación Audiovisual e 4º de Xornalismo, só podo dicir unha cousa máis, que oín da boca de E.: o que vai vir de aquí en diante vai ser aínda mellor, e se non é mellor, hai que pensar no ben que o pasamos nos últimos catro anos!

9 comentários:

amarante disse...

:(

sweet loretta disse...

Felicidades pequena! A espera mereceu a pena, eh?

ghanito disse...

Parabéns. :-)

Pero ven de volta axiña, non vaia ser que quedes engaiolada cun mulato! ;-)

paideleo disse...

Non está mal Cuba para empezar, non, ho.

besbellinha disse...

Bo destino e moita sorte para ese futuro.

*Sara disse...

Noraboa!!! Seguro que será unha experiencia inolvidable. E que non cambie esa racha de sorte! :D

oko disse...

gracias a todosssssssssssssss (xa lles contarei, aínda queda un mes!!!)

Arco_da_Vella disse...

Bueno, me parece que aínda que pequena, había representación de 4º de Comunicación Av. Moitas felicidades wapa!Claro que si, o que virá de aquí en diante será mellor...bks

emereci disse...

Un futuro incerto pero interesante, si señor, alégrome muitísimo. Parabéns polo próximo destino e adiante coa nobre tarefa de encher o pasaporte de selos.
Bicos dende o sur do sur.