13.6.07

Son días de compartir mesa cos universitarios máis pijos que podamos atopar pola cidade, de perder o tempo con bromas que só nos fan gracia a nós e que se nos escapan das mans, e de rallarnos co que pasará, co que virá
Os meniños quedan todos no mes de xullo. Van estar todos menos eu. Diseminados polos medios de Compostela e arredores. Eu mercareilles pulseritas e mandarei algunha postal. Despois, en agosto, cando volva, haberá quen xa non estea. E en setembro volveremos xuntarnos pra celebrar que non sabemos que vai pasar a partir de outubro. O medo vai proporcional ao interese que suscita a incertidume

4 comentários:

encompostela disse...

:)
Medo e excitación...
son boas épocas, meniña, estou segura. Dentro duns anos miraremos atrás e botaremos esta incertidume de menos. Seguro.

aultre narai disse...

bon voyage! xD

empoladinha disse...

Botaremola de menos, si. Pero hoxe dá medo. Arrepíos...

oko disse...

que me ides botar de menos, ho!