1. non podo para de rir por isto...
2. chego media hora tarde a clase porque me retraso na consulta do médico. no bus atópome co dire que me pon cara de chegar-tarde-está-moi-mal. subo tres pisos correndo. entro na clase afogada e con pintas de boneco de neve (gorro, bufanda, abrigo, a mochila medio colgando dun brazo). e agardando atopar do outro lado un carcamal do pnud, atopo ao pedazo de arxentino treintañero do pnud.
só marmurei un perdón moi baixiño e busquei acomodo nun recuncho. despois mirei para atrás, e decateime de que nunca a clase estivera tan atenta a un profesor (gañamos as mulleres en número, por 18 a 4).
que despois, fixándome ben, estaba un pouco fondón e tampouco era tan guapo, pero acostumada aos vellos e feos que habitualmente nos dan clase...

2 comentários:
Algo parecido me pasou a min hai unhas semanas, jajaja, o mellor é que despois de tar embobada toda unha clase recordo que o novo profesor en cuestión estaba no derradeiro curso da carreira cando empecei, e daquela non che me chiscaba moito...é o que ten, como ti dis, estar acostumada a carcamais.
E si, a invitación de El Jueves...boísima.
:D é un clasicazo!!!
Enviar um comentário