1.12.07

de doce a once

nada terá sentido se non falo primeiro de taconeos na cociña que rematan porque o chan esvara, ou do medo a que a arepa crebe ao cortala e botarlle as salsas. De contar como se fan masas distintas da boca do lobby venezolano e rir despois mentres cantamos éxitos dos oitenta e combinar cancións que se escoiten acá e do outro lado do ocáno.
Nada ten sentido se non explico que se encabuxaron porque non saín,e cheguei a casa cun gorro de la que me fai cara de gnomo. Se non digo que cantamos o cumpreanos feliz en euskara e unha versión latina, e que fixemos dunha pequena mesa de cociña un gran comedor para algo máis de vinte comensais. Que saín da casa ás doce da mañá e cheguín ás once da noite.
E rir. Sobre todo, rir.

(Esto é, agora, todo o que teño. Cando me topo ben ou mal. Cando teño ganas de sair ou de quedar na casa. E estou tan, tan a gusto... sigo marabillándome da sorte que teño pra caer entre boa xente)

3 comentários:

Murrucha disse...

Pois iso está moi ben. Rodearse de xente boaa facilita moito a estancia, é agradable. Alégrame que esteas ben. Continúa disfrutando desas compañías.

Bicoss

neruapequena disse...

Gracias polo mail :)

Tereino moi en conta!

Mañá vou falar con profe de comercio internacional... xa che contarei.

E no nadal obviamente imos celebralo con litros de sorrisos; e likor kafé.

Petons. Vera

oko disse...

bicos pra ti tamén, murrucha.
neruapequena, un pracer lerte. non sabes cantísimas ganas teño de verte e de contarche unha manchea de plans que me andan pola cabeza!