3.12.07

e no 2009...


esta mañá pensaba que aló polo 2009 andaría de paseo por américa latina. os meus destinos favoritos eran brasil e méxico. pero as cousas poden mudar dun intre a outro. e esta tarde entereime que tamén están dentro dos posibles cuba e diversos países africanos e asiáticos. así que, de súpeto, teño ducias de opcións e só unha vida que vivir. non sei que vou facer con tan pouco tempo
(imaxe atopada acá)

7 comentários:

paideleo disse...

Semella que vas participar nunha ONG. E certo ?.

oko disse...

pois vai ser algo semellante. no campo da cooperación e se todo sae ben. de aquí a 2009 poden pasar tantas cousas...

paideleo disse...

Sexa o que sexa ten unha pinta estupenda.

FIZ disse...

A curiosidade matou o ghato..

XD

Proba aquí..(Raro se me fixo que non che cargara..)

http://www.youtube.com/watch?v=LwZND32Liw4

Unha aperta.

Anónimo disse...

Darling! Xa sabes cando voltas para a casa? Temos unha cea que organizar....

Raposo disse...

Todos eles son destinos moi interesantes (para mi especialmente os de América)asi que hai que aproveitalos.

oko disse...

non me mate madeleine!
aínda queda moito por decidir