10.12.07

O I.I.

Explicábanos S. no bus o que inventara na clase. Tratábase do Índice de Ilusión (I.I.). Na súa gráfica a ilusión descendía lixeiramente nas últimas semanas e pensei que a miña gráfica faría máis ou menos o mesmo debuxo. E xa ven que acá non me falta de nada, e non obstante, falta algo.
E lembro, hox, que xa teño bar favorito aquí, e mais que non deixo de coñecer xente estupenda, como a rapaza aquela euskaldune que sabía falar galego e estaba a aprender o catalán. Sempre se atopa quen sorprende

(E agora podería estar nunha festa de famoseo (cos xogadores do athletic incluídos, trala derrota do sábado) e mais estou na casa recuperando a saúde, pra tentar desfrutar dos últimos días de 2007 en Bilbao.)

5 comentários:

Urizen disse...

Coidese vostede que non lle hai nada máis importante que a saude...Tamén hai lei anti-kalimotxón???... como se fai esa gráfica...qué datos se piden??

oko disse...

pois a verdá é que é un pouco intuitiva. fas unha lista das cousas máis significativas nun periodo de tempo, tamén estados de ánimo e todo o que ce pareza importante. daslle valores e colócalos nuneixe. e a curva que che dea é o teu Índice de Ilusión
en canto á miña saúde... véxoa bastante mal. e o kalimotxo, home, non está prohibido beber na rúa que eu saiba, aínda que hai bastante policía polas noites, polo menos por onde eu ando...

A rapaza do arco disse...

Non sei, ás veces tamén pasa iso de que che vai ben e todo suma pero andas baixa de ánimo sen saber por que. Iso é o peor porque non sabes moi ben que cambiar para que a situación mude... Eu entón penso que teño que tomar máis vitaminas e que iso do ánimo e a ilusión vai e vén, así que todo é esperar :)

Murrucha disse...

Seguro que a parada do 21 de decembro en Compostela levantará o teu índice de ilusión, só quedan 11 días. Eu voltarei a Galicia o 20, pero non sei se farei escala en Compostela. Así e todo a do día 5 sentoume moi ben. De seguro que a ti tamén.

oko disse...

a ver se chega pronto a ilusión, logo...
para o 21 andará polas nubes, agardo!