7.1.08

Polgariño


iso que miran aí é a casa do meu sobriño. nacerá alá por finais de xuño ou principios de xullo. e segundo o método supercientífico de adiviña do sexo (no que se fai que a preñada en cuestión escolla entre dous bultos, nos que hai gardados unha tixeira e un coitelo), vai ser neno.

de todas as cousas que podería contar, esta é a máis importante

polo de agora podémolo chamar Polgariño, por aquilo de que ronda os cinco centímetros, e ata que se chegue a un consenso co do nome

9 comentários:

Fer disse...

Arf,arf?
Bom,nom. Que riquinhaaaaa! A minha -a da minha "irmá"- está um chisco mais grande :D

Anónimo disse...

ola olaaaaaaaa

aí vai: aultre_narai@hotmail.com

Anónimo disse...

pois pois vaia, graciñas pola información pq non tiña nin idea!!! :D cando vai ser o da festa?

paideleo disse...

Quedou aclarado, si.
Que todo lle vaia ben a Polgariño e á nai.

Anónimo disse...

Aínda lle queda para abandonar o alcume. Noraboa.

*Sara disse...

Noraboa!! Seguro que serás unha gran tía :D Un biquiño, agardo que todo vaia moi ben!

oko disse...

fer, contrólese!!! jajajajjajajajaj. si a barriga aínda non é moi grande, pero eu xa estou emocionada!!!
aultre, agardo que xa teñas resposta ás túas dúbidas...
paideleo, sara, moitas gracias
peke, pra min, por moito que medre, sempre será Polgariño :)

Anónimo disse...

sip! obrigadísima pola información! xD unha aperta!!

Murrucha disse...

Mil noraboas! nótaseche moi ilusionada. Mira por onde...o teu sobriñiño/a vai nacer polos mesmos meses que min. Eu ía ser de finais de xuño e nacín a principios de xullo.

Bicoss