27.2.08

de reflexións

Reflexión 1
O papá naceu o Día Internacional da Lingua Materna
A mamá naceu o Día da Liberdade de Expresión
Eu nacín o Día Internacional pola Destrucción de Armas

dicídeme, pra que valen todos estes días?

Reflexión 2
Miro All the invisible children, e mentres trato de agochar unha bágoa que quere sair do ollo (non vou chorar diante de descoñecidos!), penso. Penso moito

Reflexión 3
Despois de oir a un experto en infancia, mantéñoo: Cuba é o máis semellante ao paraíso que hai neste planeta. E igual ca el, se volvese a nacer, e tivese que escoller un país do Sur, querería ser unha nena cubana

4 comentários:

Zerovacas disse...

Ten boa pinta a peli. É un ciclo, dixeches?
...
Pensar é malo, sempre penso niso.

DESORDE disse...

suponse que sei un montón sobre enerxías limpas, pregunte se o considera oportuno
aperta

Urizen disse...

Encántanme os de Kusturica e Ridley Scott & Cía.

Deberían crear o día mundial da hipocresía...

Imos albiscando o ceo de cor fermosa, Grazas

oko disse...

non, foi unha peli que vin nun seminario. o ciclo... moito me temo que só vou poder ir o derradeiro día
desorde, agora que te ofreceches, non te vas poder librar das miña spreguntas... sabes moito sobre bolivia???
urizen, tamén eses son os meus favoritos. o do ceo... é imposible que caia sobre a túa cabeza, así que disfrútao!!!