10.2.08

reflexión

Unhas cantas conclusións despois de seguir a nova nuns cantos medios "principais":
  • O primeiro, que este ambiente de violencia xeral si responde a un patrón de "estado de excepción" e fai plantexarse se é realmente ético cumprir a lei (estas leis)
  • Os medios buscan o sensacionalismo, antes de sair da redacción teñen a historia contada na cabeza, e sóbuscan imaxes pra ilustrala.
  • Un ertzaina ferido leve merece estar nunha entradiña. Nin se di en cantos "civís" mallaron (en todo caso falan de "heridos por radicales", como xustificándoo)
  • Destacan o cruce de contenedores como vandalismo, sen sinalar que é un xeito de defensa propia. Non conta como vandalismo tampouco perseguir e disparar a dolor a calquera grupo de máis de catro persoas.
  • A pinga que soborda o vaso: as declaracións do señor alcalde e mais dun do psoe (ao final da nova): quizais ao señor Ares se lle olvida que o máis probable é que quen convocou a manifestación e quen foi a ela estaba motivado por algo máis que a ilegalización de dous partidos. Pola ilegalización dun xeito de pensar, como se se puidesen ilegalizar os cerebros ou os sentimentos das persoas
  • Para rematar, os comentarios nos xornais
A quen queren enganar mudando as palabras? Ninguén se decata do que hai detrás delas?


(Como cambian as cousas cando as ves de preto...)
(Máis información: aquí, aquí e imaxes)

9 comentários:

Fer disse...

Chucei as tuas reflexons, sem licença ;)
Surpeende umha outra reflexom que topei nom-sei-em-qual jornal, no que diziam sem vergonha que as forças de seguridade (sic) agirem deste jeito podia ser beneficioso para ETA, porque transmitia a "ideia equivocada" de que o argumento do estado espanho violento existia. Umha mostra perfeita de "duplo-pensal" Orwelliano, de base alguém "mal informado" na Europa poderia pensar que dissolver umha manife com violência injustificada e umha mostra da natureza violenta do estado espanhol, mas como todos "sabemos" Espanha é umha democracia e estes actos de "ordem" som necessários para manter a "democracia" e as "liberdades".
Reprimir=liberar
Ilegalizar partidos=democracia
Guerra=paz

cangasPOLY disse...

Eu tamén pensaba, coma FER, en George Orwell. Supoño que desde que fixemos aquel traballo é algo que teño en mente todos os días que leo a prensa. Sen ánimo conformista, ti sabes coma min que esa realidade difusa está presente en todas as cousas que arrodean o sistema mediático do Estado Español. De aí que esa cousa que se chama o CIS sempre diga que a losespañoles lles preocupe cantidá o terrorismo e pasen da educación ou dos problemas da clase política (á súa desvergoña, refírome). Entendo, tamén, que desde onde te atopas sintas dun xeito especial ese tratamento dos medios que, desde logo, sobrepasa o cliché e roza a novela revertiana sobre elataquedelosmalos.

non atopo crítica ao que ti pensas ou escribes máis alá de que non mole que teñan envorcado coches ou roto cristais de comercios (polo que dí a prensa) nesa carga policial. Neste momento onde o abertzale é residual ou merda para os españois, non sabería, con sinceridade, plantexar unha saída ás protestas ante o ataque do teórico poder xudicial independente do Estado

Sinto o discurso inconexo...

(un bico guapa, e ándateme con coidadiñ)

Zerovacas disse...

Os medios empregan clixés no conflito vasco, de xeito que as etiquetas "radicais" ou "abertzale" anteceden a calquera grupo ou idea que contravén o sistema. Deste xeito prefiguran dende o inicio a interpretación que dende fóra se ten de calquera cousa que suceda en Euskadi.

Despois está a cobertura mediática que sempre se fai das manifestacións (ben, non de todas, o outro día na coruña os da "mesa por la libertad linguistica", ou como se chamen recibiron un tratamento moi distinto aos contramanifestantes, tanto por parte dos medios como por parte da policia), o que na teoría da comunicación coñécese como o "protest paradigm" (McLeod e Hertog). Os periodistas asumen
inconscientemente (outras de xeito moi intencionado) as versions oficiais.

Mario disse...

En calquera caso agradécese esa recuperación da sorpresa e a indignación que fas, xusto cando comezamos a acostumarnos a estas cousas ás que nunca deberamos acostumarnos.

Dani disse...

Boas,

nin todos os medios son iguais nin todos os xornalistas o mesmo. En Euskadi pasa agora unha cousa: todos están en campaña, e cadaquén a fai á súa maneira.

A cuestión é que non fuxa nin un voto. O asuntos dos dereitos hai que tempo que aquí se defende en función de se lle afectan a un ou non. Os dereitos que posúen os máis non interesan.

Mira a ver se algún día nos temos cruzado en Bilbao... E resulta que imos falar pola internete esta

oko disse...

varias cousas: obviamente a todos nos vén á cabeza o gran irmán orwelliano, ou nos debería vir. probablemente se levara aquí anos habería cousas que nin tan sequera me plantearía, e as asumiría como normais. pero estou case recén chegada, todo é novo tan preto, e ademais teño que votar a partidos vascos nestas eleccións, co cal é difícil manter as distancias ou que me sea alleo o que está a pasar.
por outra parte eu tamén son xornalista, e a miña visión de como actúan os medios de comunicación cubrindo os feitos que eu tamén observo vai ser notablemente diferente a se a miña formación fose noutra área do saber. e non me olvido de que a primeira vez que padecín censura directa foi facendo unha nova, precisamente, sobre a esquerda abertzale. polo tanto é un tema punzante e que non é silenciado só aquí, senón en todo o estado. e claro que teño en conta que estamos en campaña. doutro xeito as cousas non serían así.

oko disse...

de todos os xeitos, gracias polo interesa pola miña reflexión, esteades ou non de acordo comigo. dende logo estas eleccións prometen, e non esquenzo como vivimos as anteriores, cousa da que se lembrará perfectamente cangaspoly. deberiamos preparar algo semellante ao que fixemos entón...

Dani disse...

Boas compañeira,

creo que non me expliquei ben, disme que ti tamén es xornalista "aínda que de seguro cunha experiencia laboral moitííísimo máis pequena que a túa". En primeiro lugar, neste tema a experiencia é importante, pero non determinante. Engades que comprendes que me molestara "porque parte do ataque tamén era pra ti, que eres xornalista. Pero a capacidade de crítica é o único que fai que aínda me guste algo esta profesión".

A vere, como dicía a miña avoa, a túa crítica vai contra grupos mediáticos como Vocento, El País, etc. Todos eles con intereses ben claros. Eu traballo en EiTB, e os nosos ollos ven o mesmo que os dos máis pero o noso xeito de contalo é distinto.

Entrei no teu caderno porque me chamou a atención que alguén de Galiza que vive en Euskadi teña o balor de cuestionar "a verdade oficial". A min téñenme chamado "amigo de Batasuna" por non asentir ante cousas que debían ser incuestionables, por iso me interesei polos teus escritos.

O que están a facer coa esquerda abertzale é moi grave, pero o trasfondo do meu comentario trataba de situar a cuestión no seguinte: cando neste País se vai a reflexionar sobre os dereitos dos máis? Por que, sendo certo que hai unha maioría contra as ilegalizacións, a esquerda abertzale ergue tan pouca solidaridade?

Bueno, non me meto en máis xardíns. Só aclaro que me causou moita ledicia o teu comentario e a túa maneira de ver as cousas. Alo menos, é distinta.

Moita sorte.

oko disse...

vaites, eu nunca considerara valor o de criticar a "verdade oficial". para min é un simple exercicio de racionalización da realidade que me rodea. gústame mirar as cousas eu, mellor ca que mas conten.
pero comprendo o que dis e capto a mensaxe.
estás convidado a pasar por aquí cando queiras. ata pronto