5.8.08

crónica vi.


pasei días a pensar fillosdeputa. tamén voei bambeando no aire coma un paxaro, deixando que o aire me dese na cara. o luns, estraño e diferente aos luns de antes, como todas as cousas aquí, cambiei de película e mirábao todo dende platea, coma se non fose comigo. escoitei llaneras, botei remedios nos ombreiros queimados polo sol e durmín acompañada dun milleiro de soños, deses que non deixan descansar, ata que cantou o galo coas primeiras luces do día
outra semana que comezaba a escorregar polos dedos ás présas

3 comentários:

Anónimo disse...

dedícoche unha canción de mercedes sosa para ti soíña, alfonsina y el mar, para que a disfrutes hoxe e máis mañá. Non apenes, fermosa :*

Suso Lista disse...

As penas, como a marea, veñen e van. Bicos

oko disse...

gracias, feiranta, polas cancións e conversas curativas
suso, canta razón tes