2.2.09

afirmacións

que anonadado vén de no e nada. e podes facer performances con só tirar un papel polo aire e facer abanear a bufanda dun presentador moderno de televisión. hai algún de directos que ten un chinazo na frente. furibundo non aparece no dicionario da rag, mais a quen lle importa a rag? a merenda máis rica do mundo é a dos nenos. tamén os disfraces. e neva en londres. camelo, iso si, dise camelo, e non camello nin dromedario. cortei un dedo coa vasoira, na mesma man na que por fin desapareceu un golpe que non lembro ter dado. chegou febreiro. anda no ambiente a candelaria. vai frío outravolta. paseo de acá para alá e as circunstancias non me deixan planear dunha semana para outra. e de seguro son a única persoa que coñeces que utiliza a expresión mola mil

6 comentários:

rui disse...

Outra afirmación que xa esquecía... hoxe é o dous de febreiro, a candelaria, o día no que os paxaros se emparellan. Vai chegando a primavera... algo ha mudar!

morgan disse...

minha avoa, em tempos, cortou um dedo coa vasoira. nom dixo nada por nom perder o dia de trabalho; um trabalho, e isso doe, que era completamente seu (umha taberna); depois soubo-se que se lhe metera umha estela na ferida, e houvo que lhe cortar o dedo maiminho da mao esquerda.

o blogue continua molando mil.
e a foto, a foto mola mil tamém.

Suso Lista disse...

Pois eu dígoche que mola mazo,como o dis. Bico

oko disse...

agora ando con medo de que nun momento a outro veña alguén cunhas tesoiras ou un coitelo deses grandes de cociña a cortarme o dedo... menos mal que a ferida xa cicatrizou, que se non...

graciñas aos tres pola visita

(a imaxe é da xenial fotógrafa caufield, que poden atopar en http://25deabrilsempre.blogspot.com)

morgan disse...

[antes aqui havia outra mensagem] [e sinto-o]

Somas ambigüidades para este percurso e para este traço literário. Tes a ambigüidade das persoas que escrevem (n)o abismo virtual, no diário e nos cadernos d*s companheir*s (de viagem). E contés para sempre a ambigüidade das persoas às que se lhes escoitou a mao, desculpas, às que se lhes colheu a voz, por vez primeira no Maycar.


***** **** ***** está escrito na procura das luzes poderosas que, com certeza, guiárom adoito a oportunidade da escrita. Estou pensando na beleza, na bondade, no amor ou na justiça. Poderia-se pensar, a partir disto, numha poética da ingenuidade, numha poética primaveral ou similar. Talvez. E talvez ai é onde acabamos por entender, mais e mais, parágrafos, linhas esvaídas, imagens, de todo isto, da comunicaçom escindida, diferida.

***** **** ***** escreveu-se, também, em voz baixa. Tam baixa, por vezes, que o(s) silêncio(s) semelham atopar-se bem cómodos no coraçom do artefacto, apenas levemente incendiário. As letras estám cortadas e contadas como quem combina com alguém para lhe contar que está grávida. Entenda-se-me: falar das cousas importantes com palavras sinceras. Palavras, acho, ainda nom tentadas pola maldade, pola cousa rabuda que se nos pom entre as maos na véspera dos comícios, cousa nojenta que nos distorce o discurso e a linguage. **** ***** nom estava tam longe, isso fica claro, porque L. D. nom queria e porque ia volver, como for. Até com palavras.

oko disse...

incendiario, diría que pouco. inocente, pode que moito. primaveral paréceme un adxetivo horrible, igual que clásico, que tamén o oín por aí. hoxe cambiaríao todo, pero xa está feito. ambigüidade, toda a posible. e máis aínda.
eu non sei disto, e é un mundillo que non me gusta nada. pero agradezo a crítica
igual algún día no maycar podo escoitala en direto ;)