9.2.09

gb

pouco que dicir sobre a estupidez de ir a unha manifestación defendendo unha "causa" con argumentos tales que caen polo seu propio peso

e pouco que dicir -que non se tivera dito xa- contra a actuación policial
(continuado estado de sitio, non máis). sobre a lingua, xa botara un longo discurso hai tempo

e eis, algúns dos videos: anosaterra, vieiros, galizalivre, seioque, gzvideos, isca
mágoa non poder ter quedado en compostela

e que noxo, todo

...

(máis enlaces: seioque-madeingz-e un longo etc)

5 comentários:

paideleo disse...

Máis que noxo dan mágoa pero non hai que enfrentarse co eles que teñen axuda detrás.
Millor nin caso.

xis. disse...

non vale, iso de lles non facer caso. non vale porque non é certo que vaian ser unha anécdota mediática de ningún xeito. porque son poucos, pero ben colocados. porque son poucos, pero ben forrados. porque mesmo que só fosen catro (literalmente: gloria lago, o seu home, o prostituído embaixo do porcoteixo -puercoespín, realmente- e unha amiga, das de casino todas as tardes) serían de máis. o debate sobre cales e en que medida teñen que ser os mecanismos de resposta sempre pode e debe estar aberto. mais abrir un debate en falso sobre se respostar ou ficar calados, para tapar a covardía e a deserción histórica na defensa da lingua, non é aceptábel. non pode selo

(señor paideleo, aclaro que parto do seu comentario para dar unha resposta que non -ou non só- é a vostede. falo aos nacionalistas (sic) que pasaron disto a isto.)

Urizen disse...

Ó longo desta semana o eco seica chegou os madriles e coa afición da miña nai á radio puiden escoitar debates sobor do tema en diferentes tertulias, a cada cal máis partidista (que semella ser o que teñen en común todos os que defenden semellante plataforma), sen ir máis lonxe hoxe mesmo no programa de Xulia Otero, "Don Juan Manuel de Prada" e o meu ex-xefe Antonio Reija protoganizaron un debate propio dun filme dos irmáns Marx.

Será que eu son un soñador ou un idealista pero sempre me ensinaron que ás maiorías non fai falla defendelas de nada, senon que abondo asoballan elas soas nos mais.

Aínda con todo pregúntome: son eu o único a quen lle gustaría que se organizase unha tractorada lingüística que de verdade enchese a Quintana para amosarlle a esta xente o que os galegos pensan???

P.D: Pregúntome tamén se algún día
Leo, será quen de escoller por el mesmo a língua coa que facer a súa vida sen prexuizo de ningún tipo???

Suso Lista disse...

A verdade é que é dificil pasar dos GB. Non me gustan nadiña. O que hai que oir por non tar xordo...

oko disse...

eu estou cos tres últimos comentarios. creo que pasar deles non é a solución., aínda que poida discrepar das formas usadas pra enfrontarse a eles
e si, a min encantaríame unha megamanifestación a prol da lingua

graciñas aos catro pola visita