10.7.09

plungue (ii)


se algo tiveron en comun os meus ultimos tres aniversarios e que estaba lonxe da casa e que chovia. choveu, choveu onte, e mentres corriamos dende a sauna a saltar nunha lagoa friisima no medio da noite decatabame de cantas cousas diferentes se poden vivir en tan pouco tempo. manha comezamos co barro e as pedras e niso consiste todo plan de futuro. e probei as augas xelidas do baltico, e aprendin a comunicarme cos nenos so con xestos e probei tes das mais estranhas plantas. tenho un ano mais desde onte, e ten unha importancia minima. porque estou aqui, estou aqui e os dias marchan tan axinha que pode que nin me decate que pasou todo isto

2 comentários:

Mr Tichborne disse...

Pois felicidades! Que rápidos son os anos, que cabróns...

oko disse...

xa che digo. cada vez pasan mais axinha...