20.11.09

e cheguei a cidademonstro

saímos do aeroporto e entre nós e o coche que nos viñera a buscar había un río de uniformes verdes que non nos deixaba pasar. mesto, mesto como só o pode ser un uniforme verde de seguridade privada. despois amenceu e o paseo da reforma pareceu enorme e cálido, cheo de ceo, que foi certo o que dixo b, que se miraba ceo por todas partes. e despois palabras amables de benvida e ter unha mesa e un computador e sair cansísima por baixo das árbores do bosque de chapultepec e que non fixese falta a chaqueta e facer un mapa mental do barrio e decatarnos que xa está, que xa está. estamos aquí

(e quedaron atrás as interminables horas no avión, a paisaxe xélida do canadá, a cola inmensa de inmigración pra entrar no país. o grupo de heavy finlandés. deu igual ir a saltos entre o tráfico, a xungla, a contaminación, os comentarios ao noso paso. cinco libros e unha cámara de fotos que aínda non me atrevo a sacar á rúa. só preciso da cidade. e de tempo)

Sem comentários: