2.12.09

aos días de caos seguen días de máis caos. digamos, por exemplo, tardar unha hora e media en percorrer seis quilómetros, ou ir a unha exposición de arte modernote e que no medio dun lenzo xurda un inmenso dinasaurio azul, ou preparar a cámara e a grabadora pra facer un pouco de reporteira
que nos vaian coñecendo polo barrio é un xeito máis de tentar camuflarnos nunha cidade con tanta variedade e na que, paradoxalmente, é tan difícil que pasemos desapercibidas. tamén que conten chistes de galegos ou que me falen de alfonso x o sabio e de marisco. iso somos, de certo
e despois, despois pasear por entre árbores que lembran a un pasado magnífico que foi destrozado, e que os esquíos se acheguen con ollos curiosos. escribir, escribir a tantas bandas que xa unha cansa de repetir as mesmas cousas
e o frío, que vai chegando amodiño, e que lembra que si, que xa chegou decembro. e o axiña que pasou este ano eterno de indefinición e do que non sabería explicar como pasou

Sem comentários: