14.5.10

e era o lugar máis apacible do mundo. e non puiden durmir
facemos reconto de todas as cancións das que gostamos
evitamos cantalas -chegou maio terrible-

4 comentários:

rui disse...

O mellor do mes de maio é o olor das clavelinas do xardín da miña nai (e o canto dos merlos). Para min non é un mes terrible, recórdame a miña adolescencia, a chegada da calor, namorarse, erva verde mollada, a luz do sol. Daquela si que as estacións estaban ben marcadas, hoxe hai veces que non sei en que mes do ano estou.

oko disse...

é curioso. hoxe, que chove moito e vai frío, isto semella máis estar alá que estar acá. xa non hai estacións, non...

rui disse...

Eu non falaba do clima, é un problema interno meu, creo que apareceu cando rematei os estudos, os horarios escolares axudaban moito ao meu reloxo biolóxico, ademáis teño uns horarios que axudan a que me perda.

Por certo, hoxe en Santiago facía unha calor de coidado, pero esta semana aínda estivera a chover. Normal.

Biquiños

oko disse...

eu tampouco falaba exactamente de clima. que méxico semelle gz é máis un estado de ánimo, non cres?
que sorte, teres estado en compostela hoxe. mentalmente eu tamén estaba, mais non sei se abonda