"Era imposible mirar os raís un minuto seguido e non sentir dor na retina" (M. Darriba)
14.5.10
e era o lugar máis apacible do mundo. e non puiden durmir facemos reconto de todas as cancións das que gostamos evitamos cantalas -chegou maio terrible-
O mellor do mes de maio é o olor das clavelinas do xardín da miña nai (e o canto dos merlos). Para min non é un mes terrible, recórdame a miña adolescencia, a chegada da calor, namorarse, erva verde mollada, a luz do sol. Daquela si que as estacións estaban ben marcadas, hoxe hai veces que non sei en que mes do ano estou.
Eu non falaba do clima, é un problema interno meu, creo que apareceu cando rematei os estudos, os horarios escolares axudaban moito ao meu reloxo biolóxico, ademáis teño uns horarios que axudan a que me perda.
Por certo, hoxe en Santiago facía unha calor de coidado, pero esta semana aínda estivera a chover. Normal.
eu tampouco falaba exactamente de clima. que méxico semelle gz é máis un estado de ánimo, non cres? que sorte, teres estado en compostela hoxe. mentalmente eu tamén estaba, mais non sei se abonda
De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
4 comentários:
O mellor do mes de maio é o olor das clavelinas do xardín da miña nai (e o canto dos merlos). Para min non é un mes terrible, recórdame a miña adolescencia, a chegada da calor, namorarse, erva verde mollada, a luz do sol. Daquela si que as estacións estaban ben marcadas, hoxe hai veces que non sei en que mes do ano estou.
é curioso. hoxe, que chove moito e vai frío, isto semella máis estar alá que estar acá. xa non hai estacións, non...
Eu non falaba do clima, é un problema interno meu, creo que apareceu cando rematei os estudos, os horarios escolares axudaban moito ao meu reloxo biolóxico, ademáis teño uns horarios que axudan a que me perda.
Por certo, hoxe en Santiago facía unha calor de coidado, pero esta semana aínda estivera a chover. Normal.
Biquiños
eu tampouco falaba exactamente de clima. que méxico semelle gz é máis un estado de ánimo, non cres?
que sorte, teres estado en compostela hoxe. mentalmente eu tamén estaba, mais non sei se abonda
Enviar um comentário