12.3.11

caribe

  1. esta incapacidade de dicir o que teño que dicir. esta capacidade de dicir o que non debera dicir
  2. o estado natural do ser humano é o sol
  3. existe unha cultura feminina? ou máis aínda, por que as mulleres non conseguimos equipararnos aos homes na producción cultural?
  4. pintar na area
  5. máis de tres mil anos domesticando o chile
  6. o estado natural da miña pel é o branco
  7. vivir fóra do mundo significa non enterarse de que un tsunami soterrou a miles de persoas. vivir fóra do mundo significa que o máis importante para un sexa o nacemento dun neno
  8. esta incapacidade de sentir o que hai que sentir. o medo a non sentir ou a sentir de máis
  9. a poesía non é un oficio, claro. é un estado da alma. que llo pregunten a todos os poetas -poetas de veras- dos últimos dous mil anos
  10. teño sono e non quero ir durmir
  11. mañá marcha mamá

4 comentários:

rui disse...

Se podes algún día, le "Como chegar a ser poeta" de Dylan Thomas

rui disse...

(a propósito do punto 9)

oko disse...

lereino. prometido

sara jess disse...

non te enganes.a poesía é un oficio en toda regra. pero, para ilustralo mellor, debería engadir que un oficio nunca significa o mesmo que un traballo. velaí a diferencia. que a inspiración te pille currando, e tal, que dicía aquel.

mua