15.3.11

sol


que non vos enganen os berros. este ano xa morreu. que non vos enganen as luces nin a música
porque, claro, soan agora todas as cancións que deixamos pasar e que falan de nós e das nosas decisións. tamén das cousas que non fixemos
o sol do caribe queima e é imposible afacerse á soidade e á tristura dos aeroportos
(preciso de contar todas esas respiracións, todas as noites sen durmir. todas e cada unha das conversas) ou é que se lle poden poñer números a todos estes meses?
cando vivamos nun circo e teñamos fiestras vermellas, xa non precisaremos de chorar en lugares aos que case ninguén chega, como este
non me quedan escusas pra non dicir a verdade. vaise esgotando o tempo. este ano morreu e agora temos por diante unha vida toda. podo inventar todas esas cancións que non escoitei nunca, e fuximos polo mar, ata o pacífico, iremos ata o pacífico. ninguén nos coñece lá
non ten sentido escribir cousas bonitas se non son quen de dicirchas de ollo a ollo

Sem comentários: