9.4.11

primaveraclown


pregúntolle ao meu profesor de inglés que dicir se me preguntan por que son paiaso, ou por que inclúo esta información no meu currículo. teño medo de que non o comprendan. el dime que só teño que falar con seguridade, e dicirlles que transformo cuestións nas que ninguén pensa en sorrisos. é un xeito bonito de velo

asia volve soar forte e eu que estou chea de medos e inseguridades. inseguridade de non ser o que andan buscando, ou simplemente que non precisen de alguén coma min. ás veces coa xente pasa o mesmo: non precisan nas súas vidas de alguén coma ti. e ás veces doe

falando coa pedra, sentín que estaba a perder moitas cousas. sentín que non valía a pena estar lonxe. que responder nunha entrevista de traballo se che preguntan por que escoller a vida internacional? como explicar que tamén é unha decisión que doe?

5 comentários:

rui disse...

por suposto que doe estar lonxe, a non ser que esquezas todo e fagas do estranxeiro a tua patria.

rui disse...

(escríbese pallaso, em português palhaço)

oko disse...

obri pola correción -aínda que gosto moito máis de paiaso, pr algunha razón estraña e sen fundamento lingüístico-

como che foi no curso de microcontos?

rui disse...

Pois o dos microcontos esfumouse. Non sei xa como vai, comecei con aquilo da tribo das montañas e fíxome unha chea de correccións, moi ben, vin o torpe que son escribindo, pero animoume, así que fixen tres correccións do primeiro microconto e pasei ao segundo, e xa non volveu nunca máis a correxirme nada, e quedei un pouco desilusionado, non sei por que, como se estivese de baixa. Non me enterei moi ben do que pasou. Desiludido, como din os portugueses.
Este home, Eyré, ten un blogue, Ferradura en tránsito, e creo que este ano lle deron un premio a nivel galego.
Ben, aprendín bastante ooas correccións miñas e coas dos outros.

oko disse...

pois que mal que non puideras rematar o curso. de todos xeitos, eu sempre crin que o mellor xeito de aprender a escribir é lendo e escribindo. así que non desistas!!!