Tiña pensado poñer un fragmento, e o comentario que deixou Emereci convenceume de colgalo. Isto é parte da miña análise do
libro:
"Unha lectura da obra de Kapuscinski produce admiración e medo á vez, sobre todo para un aspirante a xornalista. Admiración por un motivo moi simple: porque a súa representa o modelo de vida de xornalista-reporteiro que todos algunha vez qixemos –ou seguimos querendo- ser. A idea que se ten deste oficio: unha vida chea de incertezas, de non saber que pasará mañá, nun mundo que non é o teu, noutros país, noutra realidade. Non obstante aparece o medo. E aparece o medo ao ler estas palabras –vellez, cansanzo, lembranza dunha nai, sempre o medo-. Porque a vida de Kapuscinski, as súas obras, son unha crónica, en segundo plano, das dificultades de quen fai xornalismo máis sacrificado, máis real. Medo a viaxar só por un país descoñecido, a malvivir as máis das veces, a non saber se seguirás vivo ao día seguinte. E tamén o egoísmo de querer prosperar economicamente, de acomodarse nos laureles do éxito, como lle ten pasado a tantos (...)"