6.1.06


A rapaza que cantaba fados tiña uns zapatos preciosos. A súa voz grave graduaba o movemento dos meus ollos. Lisboa de noite é coma calquer outra cidade, con xente extravagante e rúas abandonadas de edificios de azulexos.
A auga de Lisboa ten unha cor clara. Alí onde morre o río e xa non é río, senón mar, alí podes mirarte reflectido. En Belem hai unha lugar que abre a calquera lugar do mundo solo con querelo. Eu, estiven en Oceanía soio por poder mirarte. E voltín tamén á casa e chovía moito. Que ben se estaba no sur.
Se abres ben os ollos, poderás lembrar Lisboa anque non estiveras nela. Dentro de pouco, corazón, chorarei ao lembrarte. Polo seu mar marcharon os meus soños
...

4 comentários:

Aultre Narai disse...

Lisboa, sempre Lisboa. seguro que te atopaches cunha parte de min que quedou para sempre alí, sentada soa e pensativa no metro, no último asento do vagón, cos pés no de enfronte e coa música a todo gas. ou tirada polas rúas do Bairro, rindo a fartar, coas mans cara o ceo agardando a que algunha das miñas amigas me axude a erguerme, os ollos pechados e a copa ciscada. dúas caras dunha mesma moeda. a melancolía sempre tivo outro aroma alí. igual que a luz.

alégrome de que disfrutases!!

oko disse...

tes razón. alí hai outra luz. quizais me atopara cunha parte de ti. de seguro que me atopei cunha parte de min.
a próxima vez, prometo estar máis atenta

...

Aultre Narai disse...

fíome xD

O'Xirarei disse...

Envidia cochina que me dan vostedes... eu que aínda quedei con gañas de máis Porto... ollar ao río e esquecer, ou lembrar, segundo os casos.