21.1.06

Tiña pensado poñer un fragmento, e o comentario que deixou Emereci convenceume de colgalo. Isto é parte da miña análise do libro:
"Unha lectura da obra de Kapuscinski produce admiración e medo á vez, sobre todo para un aspirante a xornalista. Admiración por un motivo moi simple: porque a súa representa o modelo de vida de xornalista-reporteiro que todos algunha vez qixemos –ou seguimos querendo- ser. A idea que se ten deste oficio: unha vida chea de incertezas, de non saber que pasará mañá, nun mundo que non é o teu, noutros país, noutra realidade. Non obstante aparece o medo. E aparece o medo ao ler estas palabras –vellez, cansanzo, lembranza dunha nai, sempre o medo-. Porque a vida de Kapuscinski, as súas obras, son unha crónica, en segundo plano, das dificultades de quen fai xornalismo máis sacrificado, máis real. Medo a viaxar só por un país descoñecido, a malvivir as máis das veces, a non saber se seguirás vivo ao día seguinte. E tamén o egoísmo de querer prosperar economicamente, de acomodarse nos laureles do éxito, como lle ten pasado a tantos (...)"

4 comentários:

Aultre Narai disse...

moi moi moi interesante. seguro que o teu profesor non se vai aburrir lendo ese traballo. mágoa de non poder meterme na súa cabeza

Anónimo disse...

Mmmm....
interesante,interesante...
jejej

Eu, case que prefiro meterme na túa cabeza...jeej Promete máis. Ainda que estresada, non creo que chegue o estado de "caos" da miña.

Un bikiño amor.

Os_Alumnos disse...

uy, uy, uy, eso no serán indirectas....

emereci disse...

eu creo que ese dualismo non é exclusivo dos xornalistas... nin se basea nunha decisión crucial. é un dualismo diario, trazado a partir de pequenas decisións aparentemente insignificantes. en calquera caso, comparto completamente a túa visión da profesión (e de kapucinski) e envéxoche as palabras con que a describiches.