É esa forma de mirar a que me fascinou. Ese brillo nos ollos. Ese xeito de falar, tan doce, tan suave, tan engaiolador.
Chaplin conseguiu aquí facer do monstro un home, pasando da idea preconcibida do terrible dun asasino, ao sentimento de compaixón. Se un home mata a unha soa persoa é un asasino. Se mata a miles, é un heroe -di. E nunca tanta razón tivo. Acaso non era lícito matar? Acaso hai alguén que mereza vivir, que mereza ser amado sinceramente? Acaso el non lles ofrecía todo o que elas precisaban e mais nada?
Resultaría curioso establecer unha comparativa na historia das mulleres nas obras dos creadores -neses casos nos que as mulleres teñen un papel activo, algo máis que obxecto de desexo ou de amor-. Penso, por exemplo, nos libros infantís de Roald Dahl; este autor tiña unha perspectiva bipolar das mulleres: aquelas que merecían a pena, e as que non. Sen termo medio. Non había mulleres indiferentes. E isto pasa tamén en Chaplin, na historia de Monsieur Verdoux. Están as mulleres que merecen a pena, e están as que non. Sen termo medio. As que merecen a pena son defendidas -e amadas. As que non, soio serven como recurso económico, e como futuras víctimas.
Verdoux é un cabaleiro, e fai crer ás súas mulleres que son felices ata o final. El, por que non? Apenas por momentos sae Charlot de dentro do seu traxe, para facernos rir, nesa sorte de humor con toque de fondo. Ese humor que deixa un sabor amargo nos beizos. Tristura, quizais.. Desventura. Saber que despois de cada viaxe voltará a casa, onde o agardan unha muller cega, á que ama, e un fillo. Docemente mato por amor. E por supervivencia. E por xogar a ser deus, parece que di. E tamén porque a vida foi inxusta pra el, e porque, como indica no seu alegato, na súa defensa final, como pode ser considerado montro aos ollos dunha xustiza e dunha soxiedade que aplaude aos líderes que condean a miles de inocentes nas guerras? Como o poden acusar a el de asasino aqueles que matan por poder, por riqueza?
Aos nosos ollos, Chaplin consigue converter ao monstro en home. Aos nosos ollos censores, as barbaridades que el comete chegan a ser xustificables por comparanza, porque en parte quizais todos sexamos un pouco culpables tamén.
(agardo que lle guste ao profesor. eu xa non dou pra máis. grandísimo filme!)

4 comentários:
Q envidia. Yo tb kiero. Me gustaría q mis deberes consistieran en ver peliculas y comentarlas, en vez de los malditos crucigramas de zoo.
A mi tb me gusta Chaplin, x eso llevo meses intentando conseguir "EL gran dictador", pero se me resiste.
nada que comentar; a min gústame e creo que a teu profe tamén lle vai molar. eu agraderíache que colgases máis comentarios de películas, porque o fas xenial e porque así aprendemos algo máis os que non temos asignaturas tan interesantes. moi ben, si señor! :)
e por que pensa OKO que Chaplin querería facer tal cousa, quero dicir, por que amosar misericordia cara ese asasino (adorado en ámbitos gore)? Esa compaixón da que falas tamén a descifrei eu dos ollos dun Charlot irredento dentro do corpo dun Chaplin máis e máis vello. É curioso, non cres? O público protestou cando abandonou a Charlot en CITY LIGHTS, pero ese superhome do que nos falou Les nunca desapareceu do cine, da faciana e dos ollos do master inglés. A min encántame, escribiches co corazón, como manda Wilde ;)
jops. graZas
Enviar um comentário