27.10.06

Era o meu chico árabe. Onte, a iso das dez, cando baixaba correndo a levarlle a A. algo que deixara na casa, volvino ver. Pasaran xa case tres anos. E estes tres anos foron moito tempo. Cando o vin por última vez, el era xa licenciado en medicina, e eu era aínda unha novata de primeiro de xornalismo. Non sei que foi del. O mir, supoño. Nin sequera o saludei, non sei por que, e non sei se vai voltar, ou se está aquí, ou que raio pasou na súa vida. Moitas conversas de sobremesa no sofá, acordei de súpeto.
Solo agardo volver a velo, e parame a falar con el. Para que volva a ser o meu chico árabe, alomenos por un rato

8 comentários:

Laurindinha disse...

Mmmmm, esas historias encetadas... que bonitas son...

Anónimo disse...

O ollo ve pasar a vida. Se queres vivila, non deixes pasar oportunidades.
Ou se cadra si. Nin idea.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Anónimo disse...

apóstome o que queiras que te volves atopar co teu arábe. e igualmente estou segura de que lle falarás!!! xD unha aperta

X disse...

Agardaremos o próximo encontro co teu árabe feito todo un médico.

Madeleine disse...

Se soubera algunha verba arábiga... Para saír do paso, adxúntolle os números do 1 ao 9, que sonlle de onde o seu amado, non? (1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 0). Perdone a "barruntada", estou de sobremesa ;)

Marinha de Allegue disse...

Claro estaría ben recuperar a súa conversa...

Unha aperta.
;)

RAIKO disse...

Os volveréis a encontrar, seguro, una historia inconclusa tiende a buscar un final...
Saludos.