9.11.06

Resumo acelerado en plan diario adolescente


Armo escándalo na clase, que se estivese en primeiro, non volvía á facultá coa vergonza. A primeira, o profesor mándame achegarme adiante unhas tres veces. A terceira, dáme un ataque de risa despois de respostar a unha pregunta do profesor ao estilo Mohamed, pensando que non se me oía. A última, ao meu ordenador non lle dá a gana de ir, e tardo o dobre en facer que un coche corra pola miña pantalla.
Na tarde, adícome a buscar unha academia que non acabe co pouco que cobro ao mes. Que caro é ter un nivel aceptable de inglés neste país. Plantéome seriamente recibir clases de conversa dun rapaz que coñecín nun antro de mala reputación xD.
Preocúpome por alguén que está nun estado mental máis ben caótico, e pregúntome se non o estarei eu tamén. Despois, chámoa para quedar, pero a cabina trágame os cartos. Collo a cousa e voume para a biblioteca. Necesito unha ducha e parasitar un rato. Parasitar mentalmente, claro. Mañá teño que ir. E de pensalo, debúllaseme un sorriso na cara. Por fin, por fin hai algo que me ilusiona. Sen tempo non era.

4 comentários:

Anónimo disse...

Vaia foto, medio espida ;).

Que sorte ten vostede de ir ainda a clase e traballar nunha cousa que lle ilusione.

¿como se dicía...?

¿envexa?

Anónimo disse...

o meu ordenador tamén anda en fase de necesitar un exorcismo... :( co ben que o trato eu! alégrome de que andes máis ilusionada! e non vexas a envexa que me dás! pero merécelo. ti aproveita e disfruta. ah, e esa foto... ^^ vanche saír fans por todas partes! un biquiño.

Anónimo disse...

A ilusión é o motor do esforzo.

Unha aperta linda.
:)

oko disse...

non teña envexa, ghanito. que despois voiume esnafrar co mundo real...