21.12.06

Yo no soy bonita ni lo quiero ser...


Lembreime de algo que pasou hai unha semana, a altas horas, trala fantástica cea: al pasar la barca me dijo el barquero, las niñas bonitas no pagan dinero. Lembran esta canción? O chico P. cantoume sen cantar algo parecido. E despois díxome que marchara e marchei, porque a pista era toda miña, así a vía eu: triunfal.
E xa sei que o chico non me citou ao DonJuan, pero, que queren señores, aínda gardo algo da candidez da infancia, e caín. E o certo é que, como dicía, yo no soy bonita ni lo quiero ser, pero iso, nin el nin vostedes o sabían, verdá?

E mentres, respiro triunfal porque non traballo o día do Nadal, nin Aninovo, anque me custe caras largas do xefe de redacción. O millor, saberse co apoio dos compañeiros -bolseiros e non bolseiros- e do xefe, unha persoa incrible. E que máis se pode pedir de agasallo ao Pai Natal?

8 comentários:

paideleo disse...

Pois que desfrutes desas minivacacions e que sexas feliz nestas festas.

Anónimo disse...

O importante é cruzar en barca. Boas festas.

Anónimo disse...

"yo no soy bonita ni lo quiero ser"

que distintas vexo eu as cousas...

eu ao Pai Natal non lle pedín nada, son máis dos Reis jejeje, pero o certo é que non sei que pedirlles, que pasa se xa o teño para ser feliz??

Feliz Ano!!!

Madeleine disse...

a min se me quitan do pasimisí... non sei eu! Pasa un bo nadal, vémonos antes que remate este rarísimo 2006

Anónimo disse...

Non sei se eres bonita porque non te coñezo, pero si es a mitade de bonita que o que escribes, con eso e suficiente.
Un saudo e feliz nadal.
Nacho Cano, pues loqueou un pouco, pero para mi Mecano, mi debilidad. Un punto para ti por poner esta cancion

Laurindinha disse...

Pois xa que di que non traballa o día de San Silvestre, señorita Oko, páseo ben mañá!!!

Anónimo disse...

Que remate ben o ano e que comece aínda mellor oko :), vémonos no 2007 guapa!

oko disse...

gracias a todos por estar aí!!! e feliz ano!!!