Existen tres grandes máximas que unha longa análise empírica me permitiu concluír:
- Os paraugas feos nunca rompen
- Ninguén rouba os paraugas feos
- Os paraugas feos nunca se perden
Estes días de perder o paraugas e recuperalo, son tamén días nos que o mundo xira arredor dunhas tetas, e fas traballos exprés, e ves pelis por un tubo, e vas patinar pra desestresarte caendo de cú sobre o xeo, e fas todas esas cousas que só saen ben facéndoas a toda présa se estás en xaneiro a piques de comezar os exames. E este ano as cousas han de sair ben, pra poder ter na man, en xuño, un tituliño de licenciada nunhas ciencias desvirtuadas que xa ninguén sabe de que son. (sempre quixen ser titiriteira)
Así que se tardo en facer entradas e hai alguén que me bote de menos (hai de todo na viña do Señor), non se preocupen, e saiban que sigo viva, a pesar de todo
(imaxe: esao)

7 comentários:
¿Como non vai haber alguén que a bote a faltar?
Supoño que moitos, ainda que eu só podo falar por min: moita sorte e volte axiña.
Pois eu vou botarte en falta pero se consegues ese titulo aledareime por ti.
O dos paraugas é verdade. Teño probas.
A Colmena e Os santos inocentes son uns dos exemplos que poño sempre ao falar de casos en que me gustou tanto o libro como a peli. Subsistiremos sen ti, todo sexa polo ben maior...snif snif
Moito ánimo!
E menos patinar e máis chapar!!!
Jajaja, sorte cos traballos nena, andamos todos así...
E o das ciencias desvirtuadas... non será pola competencia dos nosos docentes, non? válgame dios... xD
Non te pases que hai alguns que son a puta hostia. Como don Celidonio! :DDDDD Vémonos en nada!
que riquiños!!! ;P
(ara, nin os cataláns a fan olvidar a certas personaxes, non???)
Enviar um comentário