30.1.07

Abro o mail e atopo esta sorpresa: Moitas graciassssssssssss Dios cho pague con moitas noites lujuriosas. Saúdos polanquistassssss (non vou a descubrir de quen é). Río soa e a rapaza que estudia enfrente miña mírame estrañada.
Non é a primeira sorpresa internáutica do día, que xa antes houbo outra. E entón, a flogueira dime que marchamos en quince ou vinte minutos, claro, que hai que ver ao home-da-nosa-vida mentres ceamos e despois vir correndo outra vez para poder sacar moi boa nota cun profesor casefavorito.
O chico que está sentado ao meu lado chegou cheirando a gusanitos. E pensei que non ía dicilo, pero esta semana boto de menos a tele. Que ben o vou a pasar recuperando estes días!!!
E tamén fixen cousas importantes: vin á parisina -coas ganas que tiña de apertala- e tamén puxen ao día a E. desta última semana caótica - e deixeino coa boca aberta cun dato en concreto- e fun con C. a escoller a foto da orla e levoume no seu flamante coche -a próxima vez quedo ata que remate o billete-. E falando de billetes, finalmente seremos catro as que vaiamos a revolucionar ao norte.
O encanto de hoxe, o mellor día dende hai uns cantos, está en todo e en nada. En comezar a pensar noutra viaxe con ela a Lisboa (que quizais ao final quede en nada, quen sabe). En ir á facultá e ver á xente, en estar na biblioteca sen facer descanso por non deixar o ordenador solo, e en pensar que desta vou sacar unha notaza, que para iso me mola tanto o profesor

(E si, boto de menos o mar...)

5 comentários:

Anónimo disse...

...

sweet loretta disse...

Que ben senta o abrazo e dar un bico a eses mofletes!!
E coa boca aberta deixáchenos a todos...

O'Xirarei disse...

Ai, te codeas con-lo-puto-peor, que o saibas :P

aRa disse...

Nena, ao final non nos vimos. Se estás esta finde quedamos, que ademais é o meu cumple!!!!!!!!!!! Estudia moito! :D

oko disse...

ai, miña doce loretta, que riquiña estás cando te sorprendes!!!
xirarei, aplíquese o conto, que anda cuns pintas...
ariña, este finde quedamos como oko me chaman!!!!!!!